Noticias celta b

A canteira celeste segue medrando: 6 xogadores no Fútbol Draft 2015

RC Celta

[tabs tab1=»GALEGO» tab2=»CASTELLANO»][tab title=»GALEGO»]

A canteira do RC Celta recibe un novo recoñecemento ao seu potencial no Fútbol Draft 2015, os premios do fútbol base español que se organiza ao amparo dos estamentos oficiais do fútbol nacional. O club vigués, cun importante peso nas pasadas edicións destes galardóns, superou nesta ocasión a súa marca de nomeados, e é que até 6 canteiráns célticos están entre os candidatos a alzarse con algún dos trofeos: Rubén, Jonny, David Costas, Santi Mina, Pape Cheikh e Brais Méndez.

En concreto o Celta aumenta nun xogador o seu número de nomeados respecto ao ano pasado, no que Fútbol Draft outorgou o ‘Premio Especial de Apoio á Canteira’ ao club vigués como recoñecemento ao seu labor para potenciar e desenvolver a canteira. O porteiro Rubén Blanco, no ‘Once de Bronce 2014’; o dianteiro Santi Mina, no ‘Once de Prata 2014’; e os defensas Jonny e David Costas, no ‘Once de Ouro 2014’ repiten presenza nesta edición, mentres que os xuvenís Pape Cheikh e Brais Méndez debutan como nomeados e confirman a súa extraordinaria proxección tras gozar recentemente da confianza do seleccionador Luis de la Fuente na Copa do Atlántico Sub-18 celebrada a principios de febreiro.

En total 132 mozos futbolistas, de entre 16 e 20 anos, foron incluídos nesta primeira lista de Fútbol Draft que elaborou un Comité Técnico composto por membros das máximas institucións futbolísticas españolas así como de ex xogadores e referentes da prensa deportiva nacional. Nas próximas semanas o número de nomeados reducirase a 77, deste corte pasarase ao 55 e finalmente ao 33, onde se decidirán os integrantes dos onces de Ouro, Prata e Bronce da canteira española.

A canteira céltica recibe desta maneira un novo apoio, un recoñecemento máis ao arduo traballo que o RC Celta realiza co soporte crave da Fundación Celta para dotar de solidez e futuro ao fútbol basee do club. O mérito non só é do Celta como institución, senón de todos cuantos forman parte do celtismo, en especial unha afección que desde o primeiro momento recolleu con ilusión e confianza a aposta do club por construír un proxecto de canteira que non deixou de madurar e crecer grazas ao apoio de toda a familia celtista.

[/tab][tab title=»CASTELLANO»]

La cantera del RC Celta recibe un nuevo reconocimiento a su potencial en el Fútbol Draft 2015, los premios del fútbol base español que se organiza al amparo de los estamentos oficiales del fútbol nacional. El club vigués, con un importante peso en las pasadas ediciones de estos galardones, ha superado en esta ocasión su récord de nominados, y es que hasta 6 canteranos célticos están entre los candidatos a alzarse con alguno de los trofeos: Rubén, Jonny, David Costas, Santi Mina, Pape Cheikh y Brais Méndez.

En concreto el Celta aumenta en un jugador su número de nominados respecto al año pasado, en el que Fútbol Draft otorgó el ‘Premio Especial de Apoyo a la Cantera’ al club vigués como reconocimiento a su labor para potenciar y desarrollar la cantera. El portero Rubén Blanco, en el ‘Once de Bronce 2014’; el delantero Santi Mina, en el ‘Once de Plata 2014’; y los defensas Jonny y David Costas, en el ‘Once de Oro 2014’ repiten presencia en esta edición, mientras que los juveniles Pape Cheikh y Brais Méndez debutan como nominados y confirman su extraordinaria proyección tras haber gozado recientemente de la confianza del seleccionador Luis de la Fuente en la Copa del Atlántico Sub-18 celebrada a principios de febrero.

En total 132 jóvenes fútbolistas, de entre 16 y 20 años, han sido incluidos en esta primera lista de Fútbol Draft que ha elaborado un Comité Técnico compuesto por miembros de las máximas instituciones futbolísticas españolas así como de ex jugadores y referentes de la prensa deportiva nacional. En las próximas semanas el número de nominados se reducirá a 77, de éste corte se pasará al 55 y finalmente al 33, donde se decidirán los integrantes de los onces de Oro, Plata y Bronce de la cantera española.

La cantera céltica recibe de esta manera un nuevo apoyo, un reconocimiento más al arduo trabajo que el RC Celta realiza con el soporte clave de la Fundación Celta para dotar de solidez y futuro al fútbol base del club. El mérito no sólo es del Celta como institución, sino de todos cuantos forman parte del celtismo, en especial una afición que desde el primer momento recogió con ilusión y confianza la apuesta del club por construir un proyecto de cantera que no ha dejado de madurar y crecer gracias al apoyo de toda la familia celtista.

[/tab][/tabs]

RC Celta

Etiquetas

Categorías inferiores Categorías inferiores Noticias celta b Categorías inferiores Noticias celta b Noticias celta b

Noticias recomendadas