Eventos

Campaña de recollida de xoguetes e alimentos «Celeste solidario»

RC Celta

A Fundación Celta de Vigo organiza, como cada Nadal, a campaña de recollida de xoguetes e comida «Celeste solidario». Este ano todo o recollido irá destinado ás organizacións «La mano que ayuda», «Cáritas» e «A las 5».

O obxectivo principal desta campaña é o de mobilizar o celtismo para que achegue o seu granito de area e axudar a aqueles que máis o necesitan. Este ano a recollida de xoguetes e alimentos terá lugar antes do comezo dos próximos partidos que xogará o Celta na casa, en concreto, o Celta – Almería do 30 de novembro, o Celta -Athletic de Bilbao o 7 de decembro e o Celta – Osasuna o 22 de decembro.

Para colaborar con «Celeste solidario» será posible acudir ao Estadio de Balaídos dende 3 horas antes e ata o inicio do encontro ao local de antigos xogadores onde un grupo de voluntarios recollerán todas as doazóns que serán almacenadas e se repartirá entre as asociacións coas que este ano colabora a Fundación Celta de Vigo.

Dende aquí, animamos a todo o mundo a participar nunha campaña pensada para axudar aos que máis o necesitan nunha época moi especial para todos.

Cartel Celeste Solidario

RC Celta

Etiquetas

Actividades Actividades Actividades Eventos Eventos Eventos Obra social Obra social Obra social

Noticias recomendadas