Celta-Mallorca: Balaídos debe resultar decisivo

afición

p>

As entradas para o choque (domingo, 16.00 horas) están xa á venda, tamén online, por 30 e 40 euros

 

O Celta regresa este domingo a Balaídos para medirse ao Mallorca (16.00 horas) nun partido de gran importancia para o equipo celeste, que necesita manter a súa fortaleza en casa para afastarse da zona baixa da táboa e recuperar confianza e autoestima. Os célticos necesitan o apoio da súa afección nun choque no que deben reencontrase coa vitoria. Os prezos, entre 30 e 40 euros con entradas xa á venda tamén online.

 

Para este partido, que supón o regreso do Celta a Balaídos tras dúas visitas consecutivas, o club fixou prezos de 30 euros para as bancadas de Río Alto e Baixo e de 40 euros para a de Tribuna. Os Sub-23 poderán adquirir entradas por 20 euros para a bancada de Río.

 

As entradas están á venda de luns a venres nas oficinas de abonados, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o día do partido nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 16.00 horas. Ademais, aqueles afeccionados que o desexen poden adquirir as entradas online a través do servizo habilitado para tal efecto na páxina web oficial do club www.celtavigo.net.

Leave a Reply

2 + 6 =

Celta-Mallorca: Balaídos debe resultar decisivo

afición

p>

Las entradas para el choque (domingo, 16.00 horas) están ya a la venta, también online, por 30 y 40 euros

Read More

Leave a Reply

1 × tres =