Fundación Celta e La Sal de la tierra asinan convenio de colaboración

Na tarde de hoxe, e como vén sendo habitual nas últimas tempadas, a Fundación Celta e a asociación benéfica La Sal de la Tierra, asinaron un novo convenio de colaboración para a presente tempada en que ambos os dous se compromenten a colaborar nas diferentes actividades que ambas as dúas institucións veñen levando a cabo.

A asociación La Sal de la Tierra dedica os seus esforzos en axudar aos que máis o necesitan nestes momentos a través de diferentes actividades como a dun comedor social, un rastro onde venden roupa e mobles así como a creación e desenvolvemento de diversos talleres ocupacionais.

Á firma acudiu José Luís Moracho, responsable do centro, quen comentou que «nestes momentos, a axuda se está a dar mesmo a persoas que xamais pensaron que se verían na necesidade de acudir a un comedor social» proba de que labores como a de La Sal de la Tierra son moi necesarias actualmente.

Leave a Reply

5 × cinco =