Noticias destacadas

Jonhy Castro e o Celta homenaxeados nos premios VIDE

RC Celta

A Fundación VIDE entregou no día de onte os premios que levan o seu nome e cuxo obxectivo é promover o deporte de base. Neste sentido, a VIDE quixo realizar unha especial homenaxe ao Real Club Celta no seu 90 aniversario, pero tamén pola súa forte aposta polo deporte base a través da súa canteira, xestionada pola Fundación Celta. Ao acto asistiu en representación do Celta Carmen Avendaño e Serafín Alonso en representación da Fundación.

Ademais, o novo xogador do Celta Jonhatan Castro Otto «Jonhy» foi tamén galardoado como mellor xogador promesa sub21 da pasada tempada. Un xogador que tivo unha importante presenza a pasada tempada ao ter tido que suplir a baixa de Hugo Mallo durante un longo período do pasado curso deportivo. O seu traballo e sacrificio no campo de xogo consolidaron ó xogador dentro do primeiro equipo e fixérono acredor deste merecido galardón.

Durante o acto, tamén foron galardoados Manel Iglesias «Zaragallas» como «Mellor Directivo» e «Mellor Árbitro» a Elena Casal.

RC Celta

Etiquetas

Noticias destacadas Noticias destacadas Noticias destacadas

Noticias recomendadas