Novo Campus en Serbia e nova escola en Cambados

GALEGOCASTELLANO

Esta mañá comezou o campus internacional da Fundación Celta de Vigo na cidade serbia de Veliko Gradiste. A actividade, promovida pola entidade celeste en colaboración co concello da localidade e o principal club local, o FK VGSK, foi recibida con enorme ilusión entre os mozos participantes que gozarán do fútbol e a filosofía celeste até o vindeiro sábado 11 de febreiro.

Os mozos serbios de entre 9 e 15 anos adestrarán polas mañás baixo as ordes dos preparadores enviados pola Fundación Celta nas instalacións deportivas do concello e polas tardes recibirán charlas formativas sobre diferentes aspectos da metodoloxía celeste. O campus conta ademais cun preparador de excepción, o ex xogador celeste Milorad Ratkovic participará dos adestramentos diarios e será un referente no desenvolvemento desta actividade.

A Fundación Celta de Vigo continúa deste xeito apostando pola internacionalización da canteira do club celeste, facendo chegar a súa filosofía e metodoloxía a diversos puntos de Europa, Asias e América.

Escola de fútbol en Cambados   

Tamén a nivel local a entidade celeste segue apostando por abrir novas escolas para os mozos deportistas. Esta semana púxose en marcha na localidade de Cambados unha nova escola de tecnificación en colaboración co club Mocidade de Cambados co que a Fundación Celta mantén unha estreita relación en materia formativa froito do convenio que une a ambas as entidades.

Esta mañana tuvo lugar la primera sesión del campus internacional de la Fundación Celta de Vigo en la ciudad serbia de Veliko Gradiste. La actividad, promovida por la entidad celeste en colaboración con el ayuntamiento de la localidad y el principal club local, el FK VGSK, ha sido recibida con enorme ilusión entre los jóvenes participantes que disfrutarán del fútbol y de la filosofía celeste hasta el próximo sábado 11 de febrero.

Los jóvenes serbios de entre 9 y 15 años entrenarán por las mañanas bajo las órdenes de los preparadores enviados por la Fundación Celta en las instalaciones deportivas del ayuntamiento y por las tardes recibirán charlas formativas sobre diferentes aspectos de la metodología celeste. El campus cuenta además con un preparador de excepción, el ex jugador celeste Milorad Ratkovic participará de los entrenamientos diarios y será un referente en el desarrollo de esta actividad.

La Fundación Celta de Vigo continúa de este modo apostando por la internacionalización de la cantera del club celeste, haciendo llegar su filosofía y metodología a diversos puntos de Europa, Asia y América.

Escuela de fútbol en Cambados 

También a nivel local la entidad celeste sigue apostando por abrir nuevas escuelas para los jóvenes deportistas. Esta semana se ha puesto en marcha en la localidad de Cambados una nueva escuela de tecnificación en colaboración con el club Juventud de Cambados con el que la Fundación Celta mantiene una estrecha relación en materia formativa fruto del convenio que une a ambas entidades.

Leave a Reply

13 + catorce =