Hemeroteca cantera

O filial encara o partido de volta desta eliminatoria de ascenso a Segunda B con dous goles de vantaxe (2)

RC Celta

celta_b_mutilvera_9313.jpg

O filial encara o partido de volta desta eliminatoria de ascenso a Segunda B con dous goles de vantaxe

Gran ambiente en Barreiro no partido de ida da segunda eliminatoria de ascenso a Segunda B e vitoria, merecida, do Celta B, que acudirá a Mutilva cunha gran vantaxe. Encontro intenso, con gran ritmo, no que o filial impuxo a súa calidade para doblegar ao Multivera con goles de Aitor e Añón.
Moita disputa desde o primeiro instante, cunha intensidade enorme e unha forte presión que reducía ao mínimo a circulación de balón. O Mutilvera sentíase máis cómodo con esta tipo de xogo, de ida e volta, sen control, e buscou sorprender ao cadro local con balóns longos e a constante subida dos laterales.

O filial, sen espazos, trataba de rasear o coiro, de chegar a zona de perigo conbinando, pero as dificultades eran enormes.Aos 14 minutos, Félix cabeceou fóra en boca de gol na primeira oportunidade do choque. Boa chegada por banda dereita do cadro celeste, que comezaba a impoñer o seu xogo. O equipo navarro mantiña a súa proposta, xogo directo e apertura a bandas, e creaba ademais perigo cando dispoñía de xogadas de estratexia.

Maceira a punto estivo de marcar aos 23 minutos nun saque de esquina que cabeceou o lateral e sacou baixo paus un defensa. Outra ocasión para o Celta B, que ía crecendo no partido e encerrando ao seu rival, moi correoso e ordenado.

Pouco despois, Víctor Vázquez rematou alto tras un rexeite do porteiro. O filial acosaba ao Mutilvera, xa claramente superado nesta fase do choque.

Os navarros reaccionaron un tanto no tramo final, de novo axustando a presión e cun xogo directo que aos celticos custáballes defender, aínda que non sufrian en exceso no área. Ata o escanso, apenas chegadas e empate sen goles

Trala reanudación, aos oito minutos, a zaga local sacou sobre a liña de gol un remate de Rubén Martínez. Gran ocasión para os célticos no arranque dunha segunda metade que empezou cun gran ritmo.

Aos 19 minutos chegou por fin o tanto celeste. Boa combinación, pase cara á esquerda onde se incorporaba Aitor, quen controlou e rematou con maestría á rede. O filial seguiu apertando nos seguintes minutos, cunha gran intensidade defensiva e boas chegadas.

Xa no último cuarto de hora do choque, o conxunto navarro empuxou con maior decisión, aínda que o Celta non lle perdía a cara ao encontro. As mellores ocasións seguían sendo para os vigueses. E no último minuto acertaron, Gran contra con balñon longo para Añón e remate nagistral do céltico por encima do porteiro visitante.

FICHA TÉCNICA

2-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Antón, Borja, Aitor (Marcos Torres, min.87), Félix (Añón, min.77), Rubén Martínez e Camochu (Thaylor, min.90).

0-U.D.Mutilvera: Iván, Bari, Albisu, Fis, Izco, Almagro, Txitxo (Barbarín, min.69), Eztieder, Cisneros (Josu, min.86), Ederra (Marco, min.66) e Gil
Goles: 1-0, min.64: Aitor; 2-0; min.89: Añón

Árbitro: Ramos Domínguez, do comité asturiano. Amonestó a Borja, Rubén Martínez, David Costas, Kevin, Txixo, Cisneros

Campo: Barreiro, uns 1.500 espectadores

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca cantera Hemeroteca cantera Hemeroteca cantera

Noticias recomendadas