O Infantil B proclámase campión de liga a falta de 5 xornadas

celtainfantilb1617.jpg

 

O Celta Infantil B asegurouse o campionato de liga este fin de semana ao vencer 4-0 ao seu rival directo polo título, o CD Choco. Fíxoo ademais a falta de cinco xornadas por disputarse.

 

Todo un logro para un equipo que acumula 85 puntos (unha vintena máis que o Choco, segundo clasificado) e que en toda a competición só cedeu un empate. Desde o RC Celta felicitamos a xogadores e corpo técnico pola súa magnífica tempada.

Leave a Reply

12 − ocho =

Leave a Reply

20 − dieciseis =