Hemeroteca canteira

O RC Celta aporta a súa experiencia no II Encontro de Canteiras de LaLiga

RC Celta

laligacanteras1.JPG

 

O RC Celta foi un dos grandes protagonistas no II Encontro de Canteiras que LaLiga celebrou este venres na súa sede en Madrid. O Celta, único club participante, estivo representado por Carlos Hugo García, director da canteira celeste, e Eduardo Covelo, responsable de metodoloxía, quen expuxeron un relatorio titulado “liñas mestras do departamento de metodoloxía do RC Celta”.

 

García e Covelo explicaron aos participantes o funcionamento do programa SICO (Sesións Individuais e Colectivas de Optimización) que se desenvolve na Madroa e cuxo filosofía consiste en dar a máxima importancia ao xogador para mellorar a súa formación técnica e en valores, á vez que se busca a creación dun modelo de xogo propio e uniforme.

 

O RC Celta ratifica a súa condición de referente nesta materia e suma un novo recoñecemento ao seu traballo e dedicación co fútbol base.

 

w_900x700_04182206z_--06-.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas