Actividades

Os xogadores do Celta visitan as escolas da Fundación e clubs AFAVI

RC Celta

[tabs tab1=»GALEGO» tab2=»CASTELLANO» ][tab title=»GALEGO»]

Continúa un ano máis a exitosa iniciativa promovida pola Fundación Celta de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo para fomentar os hábitos saudables e o celtismo entre os máis novos. Ao longo desta semana os futbolistas do primeiro persoal do Real Club Celta visitarán diversos equipos da cidade, así como as escolas da Fundación nun entrañable acto onde compartirán experiencias cos máis pequenos.

O canteirán celeste Borja Fernández e Josep Señé inauguraron onte e hoxe unha rolda de actos que este mércores deparará unha intensa xornada coa visita de Nolito, Aspas, Orellana, Planas, Radoja, Wass, Jonny, Pape Cheikh e Guidetti a clubs como a Alerta de Navia, O Castro, A Guía, CD Nieto, Moledo, Candeán, Santa Mariña ou Casablanca, todos eles membros de AFAVI. En total, 19 futbolistas participarán da iniciativa.

Durante a visita, os xogadores responderán as preguntas dos mozos deportistas, asinarán autógrafos e entregarán diversos detalles. Estes actos están planificados dentro do importante acordo que mantén a entidade celeste e AFAVI para a promoción e o desenvolvemento do deporte de base é xa unha cita tradicional que anualmente é recibida con gran ilusión por todos os asistentes.

[/tab][tab title=»CASTELLANO»]

Continúa un año más la exitosa iniciativa promovida por la Fundación Celta de Vigo y la Asociación de Fútbol Aficionado de Vigo para fomentar los hábitos saludables y el celtismo entre los más jóvenes. A lo largo de esta semana los futbolistas de la primera plantilla del Real Club Celta visitarán diversos equipos de la ciudad, así como las escuelas de la Fundación en un entrañable acto donde compartirán experiencias con los más pequeños.

El canterano celeste Borja Fernández y Josep Señé inauguraron ayer y hoy una ronda de actos que este miércoles deparará una intensa jornada con la visita de  Nolito, Aspas, Orellana, Planas, Radoja, Wass, Jonny, Pape Cheikh y Guidetti a clubes como  el Alerta de Navia, O Castro, A Guía, CD Nieto, Moledo, Candeán, Santa Mariña o Casablanca,  todos ellos miembros de AFAVI. En total, 19 futbolistas participarán de la iniciativa.

Durante la visita, los jugadores responderán las preguntas de los jóvenes deportistas, firmarán autógrafos y entregarán diversos detalles. Estos actos están planificados dentro del importante acuerdo que mantiene la entidad celeste y AFAVI para la promoción y el desarrollo del deporte de base es ya una cita tradicional que anualmente es recibida con gran ilusión por todos los asistentes.

[/tab][/tabs]

RC Celta

Etiquetas

Actividades Actividades Actividades Categorías inferiores Categorías inferiores Categorías inferiores

Noticias recomendadas