Categorías inferiores

Unha canteira celeste cada vez máis internacional

RC Celta

A canteira do Real Club Celta dispón dun novo xogador internacional, que eleva a cifra nada menos que a dezasete nos últimos meses, un número espectacular que avala a firme aposta do club pola canteira e enche, sen dúbida, de orgullo ao celtismo, sen cuxo exemplar apoio á filosofía celeste sería totalmente imposible alcanzar estes espléndidos rexistros. O novo centrocampista Brais Méndez debuta como internacional coa súa convocatoria pola Selección Españolasub-17 para un partido ante Italia.

Brais Méndez Portela (Mos, 07-01-1997) centrocampista zurdo que milita no R.C.Celta Xuvenil de División de Honra, foi convocado polo seleccionador da categoría, Santi Denia, para un encontro ante Italia que se disputará o próximo día 22 de xaneiro, ás 17.30 horas, no Estadio Comunale de Chiavari, na provincia de Xénova.

Esta convocatoria, a primeira deste novo valor da canteira celeste, coincide coa presenza na Cidade do Fútbol de Las Rozas doutros catro canteranos: Santi Mina, Rubén Blanco, David Costas e Yelko, concentrados para adestramentos oficiais coa sub-19.

Este encontro ante Italia ten como obxectivo preparar a Rolda Elite que o equipo nacional disputará en Rusia do 26 ao 31 de marzo para a clasificación para o Europeo de Malta, que terá lugar no mes de maio.

Esta convocatoria, a primeira deste novo valor da canteira celeste, coincide coa presenza na Cidade do Fútbol de Las Rozas doutros catro Nos últimos meses son xa 17 os xogadores celestes convocados polas categorías inferiores das seleccións de España e Portugal, como no caso de Joao Alves.

O club quere reiterar o seu agradecemento á afección pola súa comprensión e apoio á aposta pola canteira, que leva consigo sacrificios e renuncias que o celtismo soubo non só entender, senón tamén decidiu defender e avalar. O apoio da afección á filosofía do Real Club Celta foi e é fundamental para que as categorías inferiores celestes sigan crecendo e nutrindo de internacionais ás distintas seleccións nacionais e de xogadores o primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

Categorías inferiores Categorías inferiores Categorías inferiores

Noticias recomendadas