2010 – 2017

2010 – Actualidade

2010-ACTUALIDAD white

 

Comeza o despegue

Ao finalizar a tempada 2009/2010 anunciouse a contratación dun novo adestrador, Paco Herrera, procedente do Vilarreal B. Ademais pecháronse as contratacións de De Lucas, Joan Tomás, Murillo e David Rodríguez (na súa segunda etapa como celeste). O Celta comezaba a dar continuidade a un mesmo proxecto, con poucas fichaxes que achegasen un salto de nivel e unha firme aposta pola canteira. Yoel, Hugo Mallo, Roberto Lago, Túñez, Jonathan Vila, Oubiña, Álex López, Michu, Abalo, Toni, Iago Aspas… a factoría da Madroa comezou a dar os seus mellores froitos en moito tempo.

 

O Celta realizaría unha gran tempada, manténdose sempre nos postos altos da clasificación, pero un baixón nos resultados chegada a segunda volta afastou aos vigueses do ascenso directo, tendo que xogar o recentemente instaurado playoff de ascenso. Na primeira eliminatoria o rival foi o Granada FC, un dos equipos revelación daquel campionato. O partido de ida, en Balaídos, acendeu as ilusións da parroquia viguesa. 1-0 con gol de Michu e bo xogo. O pase á final e o regreso a Primeira acariñábase cos dedos.

 

granada-celta playoff

Con todo, no partido de volta o RC Celta atopouse cun inferno no Estadio dos Cármenes. A semana previa ao encontro fora polémica, con acusacións cara a Iago Aspas por un choque fortuíto co porteiro Roberto no partido de ida. O Celta fixo méritos para gañar o partido, pero foi o Granada por medio de Orellana quen anotou. 1-0 que igualaba a eliminatoria e levou o envite á prórroga e despois á quenda de penaltis. Michu, heroe no partido en Balaídos, tivo a responsabilidade de executar o lanzamento que podía certificar o pase á final. O asturiano disparou defectuoso e, tras anotar o Granada o seguinte penalti, Catalá errou a seguinte pena máxima dos olívicos. Os granadinos pasaban á seguinte eliminatoria, que ao cabo lles levaría á División de Honra do fútbol español.

 

A derrota foi un xerro de auga fría para equipo, club e afección. No recordo de todo o celtismo quedará o recibimento que a inchada celeste deu a xogadores e corpo técnico no aeroporto de Peinador, ao seu regreso de Granada. Aquel fracaso non faría máis que encher de motivación extra ao persoal para afrontar a seguinte tempada.

 

O Celta regresa á súa casa: a Primeira División

Na tempada 2011/2012, Paco Herrera continúa á fronte do equipo céltico. Por segundo ano dáse continuidade ao proxecto, con poucas pero moi estudadas incorporacións. Mario Bermejo, Bellvís, Natxo Insa, Oier e Orellana (vello coñecido do Celta, xa que foi o autor do gol do Granada na volta do playoff de ascenso) foron as fichaxes daquel verán.

 

O equipo tardaría un pouco en arrincar, pero unha vez fíxoo o seu camiño cara ao ascenso directo foi imparable, aínda que non exento de sufrimento. A loita co Valladolid pòr a segunda praza, que aseguraba a promoción a Primeira División, foi emocionante e rifada ata case o final da campaña. O celtismo viviu partidos inesquecibles nos que a unión entre afección e equipo foi a maior en moito tempo, como o 4-1 contra o Xerez ou a espectacular remontada contra o Almería, tamén en Balaídos, na que os vigueses venceron por 4-3 grazas ao alento da bancada. Os 23 goles de Iago Aspas, máximo artilleiro nacional da categoría, foron decisivos para alcanzar o obxectivo.

 

aficion ascenso

Objectivo: consolidarse na máxima categoría

Tempada 2012/2013. O Real Club Celta por fin regresa ao lugar onde merece estar, a Primeira División, e faio co respaldo de 22.500 abonados, a marca histórica do club. O proxecto iniciado dous anos atrás continúa adiante, mantendo o bloque da campaña anterior. Javi Varas, Cabral, Samuel, Augusto Fernández, Krohn-Dehli e Ju Young Park son as fichaxes que realiza o club para o campionato 2012/2013.

celta 2012 plantilla

Tras un arranque de tempada prometedor no que o Celta sorprendeu cun fútbol vistoso, a preocupación comezou a contaxiar ao celtismo ao ver que os resultados positivos facíanse de rogar. Tras momentos complicados e difíciles nos que a afección empuxou ao equipo como non se lembraba, o club vigués chegou á última xornada coa permanencia en xogo e dependendo doutros equipos. A actitude da inchada céltica foi fundamental na vitoria ante o Espanyol pola mínima, suficiente para que o Celta continúe un ano máis en Primeira División. Ademais o filial conseguiu o ascenso a 2ªB, o xuvenil se proclomó subcampión español, os veteranos foron campións de fútbol indoor e o resto de categorías venceron os seus respectivos campionatos. Un ano de esforzo, traballo e sufrimento que finalmente deparou unha infinidade de alegrías.

historia_1213.jpg

Na 2013/2014 chegou ao banco vigués Luís Enrique Martínez, técnico que en tan só unha tempada deixou unha gran pegada no club celeste. O equipo reforzouse con nomes ilusionantes como Rafinha, Charles, Fontàs e Nolito e deu un importante salto de calidade nun ano no que comezou a consolidarse a atractiva proposta de xogo do RC Celta. A tempada, a do 90 aniversario do club, concluíu logrando a permanencia con solvencia e finalizando o campionato na novena posición con 49 puntos.

O verán trouxo de novo cambios ao banco céltico. Luís Enrique converteuse en adestrador do FC Barcelona e o Celta apostou polo regreso dun xogador referente para a afección: Eduardo Berizzo. O técnico arxentino soubo conservar as liñas mestras do equipo e engadir o seu estilo propio para elevar a proposta futbolística do Celta a cotas cada vez maiores. O club ser reforzou para a 2014/2015 con xogadores como Larrivey ou Pablo Hernández e novas promesas como Sergi Gómez, Planas ou Bongonda. Con grandes momentos como a vitoria no Camp Nou e outros complicados, como un refacho de 10 partidos sen vencer, a tempada finalizou cun último terzo de campionato sobresaliente que levou ao Celta a ocupar a oitava praza, unha máis que o ano anterior, con 51 puntos.

w_7a17294afc23221626lfp-2015-05-23-03.jpg

Esta tamén foi a campaña na que Borja Oubiña, capitán e referente da canteira celeste, colgou as botas; unha tempada na que o club comezou a avanzar en proxectos importantes como a reforma do estadio, a adquisición dunha sede social propia, a desaparición total da débeda…

A 2015/2016 non podía comezar de mellor maneira. Á boa serie de resultados súmase unha espectacular vitoria por 4-1 ante o FC Barcelona e o aplauso consensuado do fútbol mundial ante a maneira de xogar do RC Celta. O ano no que o club cumpre 50 tempadas en Primeira División preséntase como un dos máis ilusionantes na historia recente da entidade. A unión de club, equipo e afección seguirá levando ao RC Celta a metas cada vez maiores.

w_210deef1bd29215940lrv20150429-23.jpg

O Celta volve soñar: 50 tempadas en Primeira e regreso a Europa

Na 2015/16 o Celta sumou a súa tempada número 50 en Primeira División, todo un fito que se celebrou da mellor maneira posible, regresando a unha competición europea 15 anos despois. No seu segundo ano ao fronte do banco, Eduardo Berizzo levou ao equipo un paso máis aló, consolidando un estilo de xogo que marabillou dentro e fóra das nosas fronteiras. Para o recordo queda a histórica goleada 4-1 ao FC Barcelona ou unhas semifinais de Copa do Rei ante o Sevilla nas que o Celta tirou de fe ata o asubío final do partido de volta, un encontro no que a complicidade entre xogadores e afección quedou máis patente que nunca. A decepción na competición copeira esqueceuse coa clasificación á UEFA Europa League. A falta dunha xornada para o final da liga, o Celta asegurouse unha praza no torneo continental vencendo ao Málaga en Balaídos grazas a un solitario tanto de Nolito.

Tras os pertinentes festexos e unhas merecidas vacacións, o Celta regresou na 2016/17 cargado de ilusión para afrontar con ambición tres competicións: Liga, Copa e Europa League. Encadrado no grupo G xunto a Ajax, Standard de Lieja e Panathinaikos, os celestes lograron superar a Fase de Grupos como segundos clasificados.

O nome do Real Club Celta de Vigo volveu resoar en toda Europa. O estilo e clase do conxunto vigués non pasou desapercibido para ninguén, tampouco para rivais como o Shakhtar Donetsk, o Krasnodar ou o Genk, eliminados polos de Berizzo en dezaseisavos, oitavos e cuartos do torneo. Foron noites de ilusión que permanecerán para sempre na memoria do celtismo.

O Celta chegou ás semifinais da Europa League coa máxima ambición. En fronte, un Manchester United co mediático Jose Mourinho no banco. Un 0-1 na ida en Balaídos deixou a eliminatoria pendente de decidirse en Old Trafford. A afección celeste protagonizou un desprazamento sen precedentes a Manchester, onde foron exemplo de comportamento tanto antes como durante e despois do partido. O Celta deuno todo para clasificarse á final e mereceuno, pero un empate a uns deixou á familia celtista a un só paso de acariñar o seu soño.

O sabor agridoce repetiuse na Copa do Rei. Por segunda tempada consecutiva, o Celta logrou plantarse en semifinais do torneo tras eliminar a equipos como a Valencia ou o Real Madrid. Un empate sen goles en Balaídos deixou todo por decidir no campo do Alavés, último obstáculo para alcanzar a final. Os vascos foron mellores no choque de volta e, cun único tanto, arrebataron o pase aos célticos.

A pesar do resultado final, a 2016/17 foi unha tempada histórica para o RC Celta que ninguén esquecerá facilmente.

Chegada de Juan Carlos Unzué

Despois de tres tempadas con Eduardo Berizzo á fronte do equipo, o banco do Celta recibiu a un novo inquilino : Juan Carlos Unzué. Coñecedor da casa celeste pola súa anterior etapa no club como segundo de Luís Enrique, Unzué chegou a Vigo tras ser partícipe dunha das mellores etapas na historia do FC Barcelona.

Novas incorporacións como as de Maxi Gómez, Lobotka e Emre Mor ou a continuidade de Jozabed supoñen un referendo ao proxecto deportivo do Celta. A 2017/18 preséntase como unha campaña para volver soñar.