Vive LaLiga como nunca antes o fixeches

Entra en www.laliga.es/vivelaliga. Imaxinaches como sería vivir LaLiga desde unha posición única nun estadio? Hai unha forma mellor de emocionarche cun partido que facelo rodeado dos teus amigos xunto a un xogador de lenda? Queres descubrir como se prepara un partido ata chegar a túa televisión? Tres experiencias únicas que LaLiga e os seus clubs farán posible para pechar o 2017.

A primeira das grandes experiencias que os afeccionados poderán conseguir grazas a LaLiga e os seus clubs será vivir un partido como un VIP. Unha viaxe que arrincará cun recibimento único, un xantar exclusivo e gozar do partido desde un lugar preferente xunto a un xogador de lenda.

A seguinte experiencia permitirá a un grupo de 10 afeccionados gozar dun partido de forma exclusiva. Acompañados dun futbolista de lenda, LaLiga porá á súa disposición un emprazamento único para vivir o partido con todas as comodidades e celebrar os goles na casa de LaLiga.

Para pechar o concurso, os afeccionados poderán optar a vivir o partido como un reporteiro. Acceder ao campo e vivir en primeira persoa os preparativos dun estadio para unha gran produción, ver de preto o traballo dos profesionais da televisión e como envían as imaxes ata os televisores de millóns de fans en todo o mundo e descubrir todos os segredos da retransmisión dun encontro de LaLiga Santander e LaLiga 1l2l3, serán as sorpresas que esconde esta experiencia.

O calendario futbolístico pecharase en 2017 cunha xornada de emocións, goles e fútbol que culminará co Clásico, e os derbis galegos e valencianos. Desde o marte s 19 ata o sábado 23 de decembro, disputarase a última xornada do ano de LaLiga Santander e LaLiga 1l2l3, e os afeccionados serán os protagonistas. Será durante esa xornada cando se dean a coñecer os nomes dos gañadores que gozarán dunha experiencia única en 2018.