Primeiro Equipo

21, o dorsal de Emre Mor

RC Celta

21_EMRE_MOR.jpg

 

Emre Mor, novo xogador do RC Celta, xa sabe que dorsal levará na súa camiseta esta tempada. O internacional turco portará o número 21 na súa elástica.

 

Atacante polivalente, Emre Mor acaba de cumprir 20 anos. É zurdo pero desenvólvese en toda a fronte do ataque, aínda que onde actuou con maior asiduidade é na banda dereita. O novo futbolista destaca pola súa enorme habilidade no un contra un e a súa gran velocidade, que lle outorgan unha impresionante capacidade de desborde, así como a súa facilidade para filtrar pases entre liñas.

 

Emre Mor será presentado en Balaídos unha vez finalice os seus compromisos internacionais coa Selección de Turquía.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas