O Celta Infantil A coróase na Copa Celta de Celta Campeche

O Celta Infantil A levou o trofeo Sub-13 Pro na Copa Celta organizada pola escola internacional celeste Celta Campeche. Na final, os canteiráns vigueses superaron ao Atlas mexicano nos penaltis tras empatar a uns. A Copa Celta converteuse nun acontecemento deportivo de máximo interese en México, con 120 equipos e 1.800 xogadores participantes.