Carlos Mouriño e Abel Caballero visitan as obras da futura sede do RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, recibiu este xoves ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, na futura sede do club vigués, situada na céntrica rúa do Príncipe. Xunto a Alfonso Penela, arquitecto do proxecto, e outros membros do RC Celta e a corporación municipal, Mouriño e Caballero percorreron as obras do que está chamado a ser un dos grandes puntos de encontro para o celtismo e toda a cidade de Vigo.