Descobre en directo as tres propostas para a nova cidade deportiva

O director do Área de Negocios do RC Celta, Carlos Cao, presentará este xoves ás 12:00 horas, no Salón Regio de A Sede, as tres propostas arquitectónicas para a nova cidade deportiva celeste en Mos. Celta Media retransmitirá en directo a presentación a través das canles oficiais do club en Facebook e YouTube.