Fran Beltrán levará o dorsal número oito

Este luns, ademais de presentar oficialmente a Fran Beltrán, desvelouse o dorsal que portará o mozo centrocampista madrileño. Nada menos que o número oito, usado ata hai pouco por Pedro Pablo ‘Tucu’ Hernández ou anteriormente por Valery Karpin.