A afección do RC Celta esgota as entradas e invitacións para o partido ante o Sevilla

Os afeccionados do RC Celta volvéronse a envorcar co equipo de cara ao transcendental encontro do próximo domingo ante o Sevilla e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado podía retirar dúas invitacións gratuítas.

A afección celeste volve demostrar a súa fe e amor polo equipo e o seu apoio e empuxe serán claves para que o tres puntos queden no estadio ABANCA Balaídos.

O RC Celta reitera as súas desculpas aos seus abonados polas molestias que poidan ocasionarlles as incidencias técnicas dos dous últimos días, nos que foi imposible tramitar as invitacións de maneira online.