Primeiro Equipo

A afección do RC Celta esgota as entradas para o partido ante o Villarreal

RC Celta

Os afeccionados do RC Celta envorcáronse co primeiro equipo de cara ao transcendental partido do próximo sábado ante o Villarreal e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado do club podía retirar unha invitación gratuíta e, ademais, puxéronse á venda boletos cun prezo reducido.

A maiores, o club liberou o pasado venres unhas 600 entradas de Río Alto correspondentes á bancada visitante tras non recibir petición algunha por parte do Villarreal. As billeteiras do estadio ABANCA Balaídos colgaron hoxe luns o cartel de non hai billetes.

A afección celeste volveu demostrar a súa unión inquebrantable co equipo. O RC Celta irá anunciando nos próximos días novas medidas para potenciar o ambiente antes e durante o vital partido ante o conxunto castellonense. #XuntosSomosCelta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas