mellor-aficion-celta-2018-2019-liga-web.jpg
Celtismo

A afección do RC Celta, recoñecida como a mellor da Liga esta tempada

RC Celta

O comportamento exemplar da afección do RC Celta, tanto en ABANCA Balaídos como no resto de estadios, a súa fidelidade e apoio ao equipo, recibirán este sábado un recoñecemento que enche de orgullo ao club. LaLiga, en colaboración con Afeccións Unidas, outorgou o Premio Xogador 12 á afección do RC Celta, un galardón co que LaLiga premia anualmente ás mellores afeccións e peñas de clubs, tanto polo seu comportamento como polo seu apoio, a súa traxectoria e todo o traballo realizado a favor da tolerancia, o xogo limpo e o respecto entre afeccións.

Este recoñecemento estase a plasmar coa entrega do distintivo ‘Xogador 12’, unha camiseta co dorsal número 12 co que historicamente se identificou á afección. A entrega do galardón terá lugar nos prolegómenos do partido do próximo sábado en ABANCA Balaídos ante o FC Barcelona.

A afección do RC Celta sucede á do Girona FC, que foi recoñecida como a mellor de LaLiga Santander na tempada 2017/2018.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas