CELTAOK.jpg
Celtismo

A afección esgota as entradas e invitacións para o partido ante a Real Sociedad

RC Celta

A afección do RC Celta volve ser exemplo, unha vez máis, de unión, paixón e amor polo equipo celeste. En menos de 12 horas os afeccionados esgotaron todas entradas a prezo reducido e invitacións para abonados que o club puxo á súa disposición de cara ao vital encontro do próximo domingo ante a Real Sociedad.

De novo, a afección do RC Celta demostra o seu compromiso co club, tanto nos bos momentos como nos malos. Do mesmo xeito que ocorreu no último partido ante o Villarreal, cando se viviu unha tarde máxica en ABANCA Balaídos, o estadio lucirá as súas mellores galas. O celtismo, clave no triunfo ante os castellonenses, volverá arroupar e empuxar ao equipo cara á vitoria.

Nos próximos días o club anunciará novas iniciativas para este crucial choque ante a Real Sociedad. Xuntos Somos Celta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas