A afección esgota as invitacións para o partido ante o Rayo Vallecano

A afección do RC Celta volve exhibir o seu amor e paixón polo equipo celeste. En menos de 8 horas os abonados esgotaron todas as invitacións que o club puxo á súa disposición de cara ao crucial partido do próximo sábado ante o Rayo Vallecano, onde o equipo buscará selar a súa permanencia en Primeira División.

Os abonados puideron retirar dende as 11.00 horas unha invitación de forma presencial nos despachos de billetes de Abanca Balaídos ou de maneira online desde https://ticketsabonados.rccelta.es, onde se despacharon ao redor de 1.500 localidades sen incidencias durante toda a xornada.

Do mesmo xeito que ocorreu nos encontros ante Villarreal, Real Sociedad, Girona e FC Barcelona, os afeccionados do RC Celta volveron a demostrar a súa fe inquebrantable e o seu compromiso co club e o estadio Abanca Balaídos lucirá a súa mellor cara. O celtismo, chave nos catro triunfos consecutivos na casa, volverá empuxar ao equipo cara á vitoria.