A afección poderá descubrir hoxe en A sede as novas camisetas do RC Celta dun xeito moi especial

Chega un dos momentos máis esperados do longo periodo sen fútbol de Primeira. Os afeccionados poderán descubrir este xoves, a partir das 17.00 horas, as novas equipacóns do RC Celta para a tempada 2018/2019. Para iso, deben acudir A Sede, visitar a tenda e dun xeito moi especial poderán descubrir a camiseta da primeira e segunda equipación. Ao longo deste xoves daranse máis detalles desta iniciativa dirixida á afección celeste.