A afección poderá ver unida o partido ante o Atlético de Madrid en A Sede

O RC Celta afronta este sábado ante o Atlético de Madrid un partido vital para escalar posicións na clasificación. O equipo celeste busca dar continuidade aos bos resultados conseguidos nas últimas tres xornadas. Para que a afección poida ver unida o partido, o Salón Rexio da Sede abrirá as súas portas e ofrecerá o encontro nunha pantalla xigante. O obxectivo é claro: encher o espazo e enviar enerxía aos xogadores celestes.

A entrada será libre ata completar aforamento e haberá servizo de barra para todos os asistentes, que poderán acceder a partir das 18:00 horas. O partido tamén poderá verse no espazo de restauración Gambeta-El Trigal, ubicado na planta baixa de A Sede.