espanyolok.jpg
Celtismo

A afección poderá ver unida os partidos ante Espanyol e Leganés en A Sede

RC Celta

O RC Celta afronta esta semana dous encontros a domicilio cruciais para escalar posicións na clasificación. O equipo celeste quere dar continuidade ante Espanyol e Leganés aos bos resultados cultivados nas últimas semanas. Para que a afección poida ver unida ambos encontros, o Salón Regio de A Sede abrirá as súas portas este mércores e sábado e ofrecerá os partidos nunha pantalla xigante. O obxectivo non é outro que o de facer chegar toda a enerxía posible aos xogadores celestes.

A entrada será libre ata completar aforamento e haberá servizo de barra para todos os asistentes, que poderán acceder mañá mércores a partir das 20:00 horas e o vindeiro sábado desde as 18.00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas