A app oficial do RC Celta xa está dispoñible para todos os celtistas


DESCÁRGAA PARA ANDROIDDESCÁRGAA PARA IOS

Este xoves 28 de marzo sae á luz a nova aplicación oficial do RC Celta desenvolvida por BeSoccer para dispositivos iOS e Android. A ferramenta, que foi testeada a semana pasada por un grupo de celtistas no Salón Rexio da Sede, permitirá aos afeccionados coñecer máis de preto a actualidade do conxunto celeste.

A app do RC Celta, de fácil manexo para todos os usuarios, ten unha canle de noticias do club e ofrece a posibilidade de seguir en tempo real os partidos ademais de poder deseñar a túa propia aliñación e tentar adiviñar o resultado do encontro.

A canteira tamén ten un papel destacado na aplicación xa que están presentes todos os xogadores das categorías inferiores do club e informarase dos resultados que consigan os diferentes equipos do club.

Os usuarios da ferramenta terán á súa disposición todos os vídeos realizados por Celta Media ademais de gozar de contido exclusivo. A maiores, haberá sorteos e agasallos para os afeccionados do RC Celta.

A nova app céltica, dispoñible en galego, español e inglés segundo o idioma configurado no terminal, pode atoparse xa en AppStore e PlayStore.