A campaña de abonados comeza con éxito grazas á tramitación online

A campaña de abonados do RC Celta comezou este xoves de maneira moi exitosa. Nas primeiras 9 horas tramitáronse máis de 400 renovacións e ao redor de 250 solicitudes de alta. O balance global é moi positivo e supera, por exemplo, ao cultivado o primeiro día da campaña de abonados da tempada 2016/2017, cando o equipo celeste disputou competicións europeas.

Os afeccionados recibiron de bo grado a conxelación dos prezos por segundo ano consecutivo e a facilidade, fluidez e comodidade para tramitar a súa renovación, que este ano se realiza de maneira online na páxina istovaidecorazon.com e nos caixeiros de Abanca e non nas billeteiras do estadio. A solicitude de novas altas deben tramitarse tamén de maneira online na mencionada web.

Todas as novas solicitudes rexistradas, así como as que se produzan ata o próximo 19 de xullo, permanecerán en lista de espera ata coñecer o aforamento dispoñible no estadio. Ademais, unha vez se cumpra o citado prazo, os asentos dos abonados que non renovasen serán liberados.

As billeterias de Abanca Balaídos permanecen abertas de luns a venres en horario ininterrompido de 09:00 a 15:00 horas para atender consultas, incidencias ou cambios de localidade.