A canteira celeste colleita recoñecementos

PREMIOS LFP

Iago Aspas e Álex López recibiron os premios da LFP como mellores dianteiro e medio centro

 

Dous xogadores da canteira do Real Club Celta recibiron un importante galardón outorgado pola Liga de Fútbol Profesional como recoñecemento ao seu rendemento durante a pasada campaña. Iago Aspas e Álex López foron elixidos mellor dianteiro e mellor medio centro polos adestradores da Liga Adelante e recibiron os premios LFP, galardóns oficiais que concede a liga de Fútbol Profesional cada tempada. Gran recoñecemento á canteira celeste, que acapara dúas do seis premios concedidos por este organismo.

 

Os galardoados foron elixidos polos adestradores da categoría, que incluíron a dous celestes entre o seis mellores futbolistas da pasada campaña. O club quere expresar a súa satisfacción por estes galardóns a dous canteiráns e felicitar a Iago Aspas e a Álex López por este importante recoñecemento ao seu labor durante a pasada campaña.

 

Os premios da LFP outórganse nas categorías de porteiro, defensa, medio centro, centrocampista de ataque, dianteiro e xogador revelación.

Leave a Reply

5 × one =