A canteira celeste, presente na Benfica Youth Scouting Conference 2018

O RC Celta e a súa canteira estiveron presentes o pasado 4 de marzo en a Benfica Youth Scouting Conference, un evento internacional organizado polo SL Benfica que reúne a profesionais da captación de novos talentos futbolísticos. Diego Santos, membro da área de canteira do RC Celta, participou cunha exposición-coloquio sobre a observación de futbolistas en vídeo, no campo e as posibilidades de combinar ambas as opcións.