Hemeroteca canteira

A canteira celeste segue fabricando internacionais: Brais, convocado coa Sub-17

RC Celta

muralcanteira2013.jpg

Xa son 17 os célticos con presenza en distintas seleccións nacionais nos últimos meses

 

A canteira do Real Club Celta dispón dun novo xogador internacional, que eleva a cifra nada menos que a dezasete nos últimos meses, un número espectacular que avala a firme aposta do club pola canteira e chea, sen dúbida, de orgullo ao celtismo, sen cuxo exemplar apoio á filosofía celeste sería totalmente imposible alcanzar estes espléndidos rexistros. O novo centrocampista Brais Méndez debuta como internacional coa súa convocatoria pola Selección Española Sub-17 para un partido ante Italia.

 

Brais Méndez Portela (Mos, 07-01-1997) centrocampista zurdo que milita no R.C.Celta Xuvenil de División de Honra, foi convocado polo seleccionador da categoría, Santi Denia, para un encontro ante Italia que se disputará o próximo día 22 de xaneiro, ás 17.30 horas, no Estadio Comunale de Chiavari, na provincia de Génova.

 

Esta convocatoria, a primeira deste novo valor da canteira celeste, coincide coa presenza na Cidade do Fútbol de Las Rozas doutros catro canteiráns: Santi Mina, Rubén Blanco, David Costas e Yelko, concentrados para adestramentos oficiais coa Sub-19.

 

Este encontro ante Italia ten como obxectivo preparar a Rolda Elite que o equipo nacional disputará en Rusia do 26 ao 31 de marzo para a clasificación para o Europeo de Malta, que terá lugar no mes de maio.

 

Nos últimos meses son xa 17 os xogadores celestes convocados polas categorías inferiores das seleccións de España e Portugal, como no caso de Joao Alves.

 

O club quere reiterar o seu agradecemento á afección pola súa comprensión e apoio á aposta pola canteira, que leva sacrificios e renuncias que o celtismo soubo non só entender, senón tamén decidiu defender e apoiar. O apoio da afección á filosofía do Real Club Celta foi e é fundamental para que as categorías inferiores celestes sigan crecendo e nutrindo de internacionais ás distintas seleccións nacionais e de xogadores ao primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas