A canteira celeste supera en pleno o segundo corte de Fútbol Draft

O Comité Técnico de Fútbol Draft, iniciativa que recoñece aos mellores xogadores de entre 16 e 20 anos formados no fútbol español, reuniuse este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas para realizar o segundo corte tras seleccionar a 132 novos talentos o pasado mes de xuño. Naquela primeira selección aparecían os canteiráns celestes Iván Villar, Diego Alende, Brais Méndez, Diego Pampín e Pape Cheikh, actualmente xogador do Olympique de Lyon. Todos eles superaron o segundo corte e forman parte dos 77 xogadores de categoría masculina que optan a conformar os Onces de Ouro, Prata e Bronce da canteira española.

Ao Comité Técnico, que preside o ex seleccionador nacional Iñaki Sáez, asistiron Javier Lasagabaster (director Futbol Draft), Albert Celades (seleccionador sub21), Luís de la Fuente (seleccionador sub19), Jorge Vilda (Seleccionador Feminino), Vicente Miera (ex seleccionador nacional absoluto), Juan Carlos Gómez Perlado (preparador físico RFEF), Raúl Ojeda (LFP), David Aganzo e Jesús Barbadilla (AFE), Anxo Caballero (presidente AEAF), Nacho Silván (experto en fútbol de canteira) e Gabriel García (Técnico RFEF).