A canteira celeste supera en pleno o segundo corte de Fútbol Draft 2014

fdraft14.jpg

Rubén, Jonny, David Costas, Yelko Pino e Santi Mina, entre os 77 finalistas

 

Os celestes Rubén Blanco, Jonny Castro, David Costas, Yelko Pino e Santi Mina continúan optando aos premios Fútbol Draft tras a última selección. Os cinco canteiráns superan o segundo corte e forman parte dos 77 xogadores finalistas.

 

Fútbol Draft, que conta có apoio de todos os estamentos do fútbol español, premia cada ano aos mellores futbolistas de entre 16 e 20 anos das canteiras do fútbol español.

 

O RC Celta supera nesta edición os seus rexistros de anteriores tempadas con cinco finalistas célticos, un novo éxito para o proxecto de canteira do club e para a Fundación Celta, principal sostén das categorías inferiores xunto á afección celtista.

 

http://www.futboldraft.com

 

 

www.futboldraft.com

Leave a Reply

15 + four =