Hemeroteca canteira

A Canteira do Celta colleita éxitos nos grandes torneos de Semana Santa

RC Celta

juvenil_a_-_real_sociedad_-_1314.jpg

Xuvenil e ambos alevíns campións en San Sebastián e Oviedo e o resto de equipos a moi bo nivel

 

Durante esta pasada Semana Santa, os equipos das categorías inferiores do Real Club Celta participaron en diversos torneos de gran prestixio, convidados como recoñecemento ao espléndido nivel que loce a canteira celeste. Entre os máis máis destacados, a LFP Aspire Challenge, disputado en Qatar, no que o Cadete B proclamouse ‘Campión Bronce’ ou o Trofeo Real Sociedade, con triunfo do Xuvenil celeste.

 

O Cadete A proclamouse subcampión do trofeo Cesar Augusta de Zaragoza tras vencer nas eliminatorias a Zaragoza e Real Sociedade e caer na final ante o Real Madrid. Tamén alcanzou o segundo posto en cópaa Coca Cola.

 

O club tivo tamén representación no prestixioso torneo internacional organizado pola Fundación Real Sociedade, no que o Celta Xuvenil proclamouse vencedor na súa categoría ao superar na final ao Espanyol e nas eliminatorias a equipos como o Fútbol Club Barcelona ou a Real Sociedade.

 

O Celta Alevín A volveu de Asturias co trofeo que lle acredita como campión da Oviedo Cup 2014 ao vencer na final ao anfitrión, o Real Oviedo. O Alevín B tamén se proclamou campión neste torneo ao superar no partido definitivo ao cadro ovetense.

 

A participación nestes grandes torneos e os bos resultados cultivados son un referendo ao traballo que vén realizando nas últimas tempadas e un acicate para seguir apostando polo ilusionante proxecto de canteira que comparten club, Fundación Celta e afección.

 

Foto: Real Sociedad

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas