Hemeroteca canteira

A canteira loce en Semana Santa coa conquista de diversos torneos de prestixio internacional

RC Celta

alevin-algarve-campeones-060415.jpg

Entre os éxitos, o Mundialito de Clubs ’15 ante rivais coma Juventus, Sporting Lisboa ou Inter de Milán

 

A canteira do Real Club Celta, unha das pedras angulares do proxecto do club, exhibiu esta semana Santa o seu potencial cos numerosos éxitos que cultivaron os equipos das categorías inferiores en torneos de gran prestixio internacional. Entre os gañadores figuran o Alevín A que venceu no Mundialito 2015 do Algarve, o Infantil A, campión da Oviedo Cup, ou o Alevín B, gañador do Turkish Holiday 2015.

 

As categorías inferiores celestes convertéronse durante a recente Semana Santa en motivo de orgullo para o club e a súa fundación, pero sobre todo para a afección, cuxo decidido apoio ao proxecto de canteira da entidade é unha das grandes bases do éxito.

 

Entre os torneos cultivados polos equipos celestes figura o Mundialito de Clubs 2015, desenvolvido no Algarve. O Celta Alevín A proclamouse campión tras superar por dous goles a un ao Inter de Milan na final dunha competición de enorme esixencia na que os célticos dobregaron a rivais como a Juventus de Turín ou o Sporting de Lisboa e no que participaron clubs como o Liverpool, Porto ou Benfica, ademais de diversos conxuntos brasileiros e españois.

 

Pola súa banda, o Infantil A alzouse coa Oviedo Cup tras superar na final ao Sporting de Gijón e eliminar a equipos como Oviedo, Valladolid ou Athletic Club de Bilbao.

 

O Celta Infantil B volveu de Turkía como campión do Tusrkish Holiday 2015, torneo no que superou na final ao Vatan de Acerbaixán, mentres que o Benxamín B proclamouse campión do Torneo Vila de Caldas 2015 tras dobregar na final ao Deportivo da Coruña.

 

Os equipos celestes tamén ofreceron un gran rendemento noutros torneos como a Copa San Cugat 2015, na que o Infantil B proclamouse subcampión, idéntico resultado colleitado polo Benxamín A na San Tirso Hitachi Air Cup.

 

A decidido aposta do club e a súa Fundación pola canteira e o decisivo respaldo dunha afección cada vez máis comprometida e paciente con esta filosofía permiten o continuo e firme desenvolvemento dunhas categorías inferiores que son xa un referente en España e motivo de alegría e orgullo para o celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas