abrindo-portas-logo-recreacion.jpg
Celtismo

A chegada do Celta ao centro de Vigo enche a cidade de música e animación

RC Celta

Vigo vivirá unha auténtica xornada festiva este sábado 17 de marzo. O RC Celta celebra ao grande o seu desembarco no corazón da cidade, na rúa do Príncipe, onde a partir deste fin de semana localizarase a sede social do club, un punto de encontro para todos non só pola súa privilexiada localización, senón pola actividade cultural, comercial e de lecer que propón.

A celebración prolongarase durante todo o día, con espectáculos nas rúas do centro de Vigo desde a mañá, unha gran quedada celeste fronte o museo do MARCO ás 18:00 e por último o evento principal, no exterior do novo inmoble céltico, presentado polo actor galego Javier Veiga e que contará con grandes actuacións e a presenza do primeiro equipo e da canteira celeste.

Na previa deste gran evento final, colofón dos actos de celebración, as rúas da contorna de Príncipe alagaranse de música e animación desde as 12:00 horas. Sarunas Pupelis Street Band, Beehive, Barafunda e Nelson Quinteiro Producións encargaranse de dinamizar o centro de Vigo coas súas actuacións itinerantes e quentar o ambiente ata a tarde.

Xa ás 18:00, Nelson Quinteiro Producións concentrará ao celtismo e a cidadanía fronte o museo do MARCO para cantar xuntos algúns dos temas e cancións máis populares da afección celeste antes de presenciar o evento final desta xornada de celebración no exterior da nova sede do RC Celta na Rúa do Príncipe. Ademais, repartiranse bufandas conmemorativas para que todos os asistentes poidan conservar un recordo desta data histórica.

 

Sábado 17 de marzo

Desde as 12:00 nas rúas do centro de Vigo

Sarunas Pupelis Street Band

Beehive

Barafunda

Nelson Quinteiro Producciones

Ás 18:00 fronte ao museo do MARCO

Concentración celtista para cantar temas e cancións populares do celtismo con Nelson Quinteiro Producciones.

Reparto de bufandas conmemorativas.

Ás 19:00 no exterior da sede do RC Celta en Príncipe

Evento final presentado polo actor galego Javier Veiga, con grandes actuacións musicais, a presenza do primeiro equipo céltico, da canteira e moitas máis sorpresas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas