convenio-quiron-web-1-23519.jpg
Celtismo

A Clínica RC Celta completa a súa oferta cos servizos de Quirónsalud Miguel Domínguez

RC Celta

A Clínica RC Celta amplía a súa oferta e completa os seus servizos da man do prestixioso hospital Quirónsalud Miguel Domínguez a través dun convenio de colaboración que garante a continuidade asistencial que poidan necesitar os usuarios da clínica celeste na recuperación das súas lesións.

Mediante esta alianza, o Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez pon a disposición da Clínica RC Celta o Servizo de Diagnóstico por Imaxe formado por un equipo médico de catro radiólogos e catro unidades funcionais: Radioloxía Xeral, TAC’s, Resonancia Magnética de alto campo e Ecografía.

Ofrece ademais á Clinica RC Celta servizo de cirurxía traumatológica, unha especialidade na que acumula máis de 60 anos de experiencia e que realiza máis de 3.000 intervencións cirúrxicas ao ano.

Clínica RC Celta

A Clínica RC Celta da Sede, dirixida polo doutor Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Celta e médico da Selección Española, ofrece completos servizos de traumatología e fisioterapia, así como outros tratamentos vinculados á medicina do deporte (cardioloxía, nutrición, rehabilitación personalizada…). Conta cos mellores profesionais do sector, entre eles os fisioterapeutas do club, para atender e solucionar coas máximas garantías calquera caso, tanto de deportistas como de calquera outro tipo de paciente. Para acudir á Clínica RC Celta é necesario solicitar cita previa no teléfono 886 160 955, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Quirónsalud

Quirónsalud é o maior grupo hospitalario de España e o terceiro de Europa. Conta con máis de 35.000 traballadores en máis de 120 centros sanitarios, entre os que se atopan 45 hospitais que ofrecen 6.800 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Fundación Jiménez Díaz, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica de Gipuzkoa, etc.

Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver máis de 1.600 proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, ginecoloxía e neurología, entre outras.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas