A concentración celeste en A Toxa abriu as súas portas a patrocinadores e medios






O RC Celta organizou este mércores unha xornada de portas abertas para medios de comunicación e patrocinadores do club no hotel de concentración do equipo en A Toxa, o Hotel Eurostars Isla de La Toja. Os principais socios comerciais da entidade céltica, tiveron a oportunidade de vivir unha xornada diferente na illa grovense e compartir un aperitivo co persoal. Pola súa banda, os medios de comunicación tiveron á súa disposición a todos os futbolistas para a realización de entrevistas individuais.