A Copa ante o Eibar con entradas dende 5€ e 10€

O Celta afronta este martes un decisivo partido de Copa do Rei: a volta de dezaseisavos de final ante a SD Eibar (21:30, Balaídos). O 1-2 colleitado en Ipurua é unha vantaxe moi axustada nesta esixente eliminatoria, na que o equipo celeste necesitará todo o apoio da bancada. Por iso, as entradas para este choque presentan uns prezos realmente atractivos, con billetes desde 5€ para afeccionados SUB-25 e desde 10€ para ADULTOS.

Os despachos de billetes do estadio abren de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e os días de partido desde as 10 ata o inicio do partido sen interrupción. As entradas tamén poden adquirirse en www.rccelta.es/taquillaCelta.