A Data FIFA de outubro comeza con protagonismo celeste

DLZvuJXXcAAU8qx.jpg

A Data FIFA de outubro comezou con protagonismo para os internacionais celestes Sisto, Lobotka e Pablo Hernández, todos eles titulares coas súas seleccións e completando os 90 minutos de xogo. Pola súa banda o dianteiro Maxi Gómez viviu o seu primeiro partido coa Selección Uruguaia desde o banco.

 


Sisto: Montenegro 0-1 Dinamarca

Lobotka: Escocia 1-0 Eslovaquia

Tucu: Chile 2-1 Ecuador

Maxi: Venezuela 0-0 Uruguai


 

Este venres será a quenda de Iago Aspas con España e Emre Mor con Turquía. ‘La Roja’ recibe a Albania no José Rico (20:45, TVE) e o combinado otomán a Islandia, ambos os encontros de clasificación para o Mundial de Rusia 2018.