A ecografía descarta unha rotura fibrilar na lesión de Tucu

A ecografía realizada ao centrocampista celeste Pedro Pablo ‘Tucu’ Hernández descartou a posibilidade dunha rotura fibrilar no bíceps femoral dereito. O futbolista sofre unha elongación do semitendinoso que o manterá de baixa uns sete días.