Hemeroteca canteira

A Escola Celta Brasov inicia a súa actividade

RC Celta

hectorbrasov.jpg

 

A Escola Celta Brasov, nada ao amparo dun importante convenio asinado entre o Celta, o CS Coltea 1920 Brasov e o concello da cidade romanesa, arrincou oficialmente a súa actividade esta semana. A academia celeste estará coordinada por Héctor Quijeiro, profesional de sobrada experiencia que dirixiu o proxecto do Celta en Campeche e que agora será o encargado de xestionar a actividade da escola de Brasov: “Estou moi contento de estar aquí e poder achegar o meu coñecemento no desenvolvemento deste proxecto. Estou desexando comezar a traballar e contribuír ao desenvolvemento do fútbol en Brasov e conseguir levalo a un nivel superior”, declarou Héctor Quijeiro.

 

Ademais da escola e a través deste importante convenio, a Fundación Celta de Vigo, responsable do desenvolvemento e mantemento da canteira do club, comprométese a ofrecer cursos de formación a adestradores locais tanto en Romanía como en Vigo, así como crear polo menos 5 bolsas ao ano para que os novos futbolistas romaneses que destaquen teñan a oportunidade de viaxar a Vigo durante tres semanas e adestrar nas instalacións deportivas da Madroa. O acordo tamén inclúe un protocolo de cooperación co concello de Brasov, que será o encargado de proporcionar os medios e os recursos necesarios para o mantemento, desenvolvemento e promoción da Escola Celta Brasov.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas