A España Sub-21 de Jonny e Rubén clasifícase a semis do Europeo

jonny_celta_cantera_españa_sub_21_europeo_polonia_portugal.jpg

 

A Selección Española Sub-21 clasificouse ás semifinais do Campionato Europeo cunha vitoria 1-3 ante Portugal na segunda xornada da fase de grupos. Fíxoo ademais cun xogador celeste no once titular, Jonny, quen disputou o partido completo.

 

Este triunfo, xunto ao cultivado ante Macedonia no primeiro encontro do torneo, permite ao combinado español chegar con tranquilidade á terceira data do grupo B, na que se mide á Selección de Serbia (venres 23, 20:45, Catro). O porteiro céltico Rubén Blanco foi testemuña da vitoria desde o banco.

Leave a Reply

7 − 4 =