A Fundación Celta abre a súa primeira escola en Estados Unidos

SoccerAcademyWeb.jpg

A Fundación Celta presenta a súa nova escola de fútbol na cidade de Nova Jersey, Estados Unidos, onde este verán se estreará coa creación dun campus de fútbol destinado a nenos e nenas entre o 26 de xuño e o 28 de xullo. A actividade desenvolverase baixo o nome de RC Celta Soccer Academy e contará co apoio e o asesoramento dos preparadores da canteira celeste.

 

Os campus desenvolveranse en dúas sedes, a do colexio Stony Brook na cidade de Nova York que terá lugar do 26 de xuño ao 14 de xullo e a de Wheeler Park situada en Nova Jersey do 17 de xullo ao 28 do mesmo mes.Os interesados poderán informarse na web www.rcceltasocceracademy.com.

 

Tras o éxito en países como Romanía, Bulgaria e México, a Fundación Celta aposta polo seu desenvolvemento en Estados Unidos, onde o fútbol está a alcanzar unhas maiores cotas de seguimento, sobre todo nas etapas formativas. Neste ámbito é onde a entidade celeste conta con maior prestixio e   continúa o seu proceso de expansión internacional a través do desenvolvemento de escolas, campus e clinics deportivos.

Leave a Reply

two + 15 =