A Fundación Celta reforza a súa presenza en Serbia cun novo campus en Veliko Gradiste

Veliko_Gradiste_Campus.jpg

A Fundación Celta de Vigo continúa fortalecendo a súa presenza internacional a través do desenvolvemento de actividades deportivas para os máis novos. Un dos lugares onde recentemente tivo éxito o labor da entidade celeste foi en Serbia, concretamente na cidade de Veliko Gradiste, ás beiras do río Danubio onde o pasado inverno organizouse o primeiro campus da entidade celeste en colaboración co concello da cidade e o equipo local, o FK VGSK.

O éxito deste campus levou ás entidades participantes a asinar un novo convenio de colaboración para a organización dun campus este próximo verán. A actividade estenderase entre o 8 e o 16 de xullo e estará dirixido a nenos e nenas de 4 e 17 anos. Na firma do convenio estiveron presentes o presidente Carlos Mouriño e o Alcalde da cidade de Veliko Gradiste Dragan Milic.

O mandatario serbio mostrou a súa satisfacción pola continuidade do proxecto asegurando que “para nós é moi importante a formación dos máis pequenos, non só como futbolistas senón como persoas e este tipo de actividades son fundamentais para o seu desenvolvemento. Ademais o campus de inverno tivo tanto éxito que para nós o Celta é xa como o noso equipo. Animámolo e seguímolo polo seu bo fútbol e tamén pola presenza de Radoja”.

Pola súa banda Germán Arteta, director da Fundación Celta, destacou o labor realizado ata o momento “grazas a ser fieis lle á nosa filosofía e metodoloxía de traballo. Seguiremos desenvolvendo este tipo de actividades cos adestradores das categorías inferiores do RC Celta, que forman parte da Fundación, para lograr internacionalizar aínda máis nosa filosofía” afirmou.