Campeche

A Madroa acolle a 6 novos mozos da escola de Campeche

RC Celta

Campecher.jpg

 

Seis novos da escola do RC Celta na cidade mexicana de Campeche atópanse desde a pasada semana adestrando nas instalacións da Madroa como parte do seu proceso de desenvolvemento. Como xa se fixo o ano pasado, aqueles xogadores que destacan tanto polo seu potencial como polo seu comportamento na escola de Campeche teñen a oportunidade de viaxar a Vigo para adestrar coas categorías inferiores.

Este ano tocoulle a Julián, Justin, Fernando, Rodrigo, Samuel e Miguel, pertencentes ás categorías infantil e cadete. Todos eles gozan da súa estancia combinando os seus adestramentos xunto aos xogadores da canteira como nas escolas da Fundación Celta  con visitas culturais na contorna. Para eles trátase dunha excepcional experiencia e un gran aliciente para continuar o seu desenvolvemento deportivo en México onde a escola de Campeche segue consolidándose como a maior de todas as que conta o RC Celta no mundo, tanto por número de futbolistas como por número de equipos competindo a nivel local e  rexional.

A Fundación Celta continúa apostando polo desenvolvemento todas as súas escolas a través de diversas fórmulas e en moitos casos realizando este tipo de intercambios que enriquecen en gran medida tanto aos mozos participantes como aos adestradores.

RC Celta

Etiquetas

Campeche Campeche Campeche

Noticias recomendadas