aficion-abanca-balaidos-celta-girona-200419.jpg
Celtismo

‘A Nosa Reconquista’ chega a Leganés

RC Celta

O RC Celta afronta unha nova semana decisiva con dúas partidos clave lonxe de casa: o mércores ante o Espanyol e o sábado ante o Leganés. Os abonados celestes interesados en asistir ao encontro do fin de semana en Butarque poden adquirir entradas para a zona visitante do estadio por 30€ até este xoves nos despachos de billetes de Abanca Balaídos.

Ademais, o RC Celta pon a disposición prazas de autobús gratuítas a Leganés. O rexistro pode realizarse até o xoves nas propias billeteiras do estadio vigués, abertas en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. A saída dos autobuses está prevista o sábado ás 07:30 da mañá desde a chaira de Tribuna de Abanca Balaídos. O regreso realizarase á conclusión do encontro.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas