A nova camiseta oficial chega este venres á tenda en exclusiva para abonados con reserva

ARTICULO_WEB_1300x7401.jpg

 

Os abonados do RC Celta serán os primeiros en vestir a nova camiseta oficial. A elástica celeste estará dispoñible en tallas para adultos desde este venres na tenda do Celta en Balaídos e en exclusiva para aqueles abonados que a reservaron ao darse de alta ou renovar o seu abono da tempada 2017/18.

 

Para recollela, será imprescindible presentar o resgardo de reserva no mostrador do establecemento oficial. Os abonados con reserva que desexen adquirir a camiseta en talla de neno poderán facelo desde o luns 26 de xuño martes 27 de xuño.

 

Tanto a primeira como o segundo equipamento estarán á venda para o público xeral proximamente só na tenda oficial do RC Celta en Balaídos, aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

 

Prezo especial da nova camiseta

Os abonados que renoven ou se dean de alta antes do 30 de xuño terán a oportunidade de reservar a un prezo especial, e financiala co seu abono se así o desexan, a nova camiseta da tempada 2017/2018. Estes abonados poderán reservar a súa camiseta por 67 euros, un 16 por cento menos que o prezo de venda ao público, e recollela na tenda oficial do club.

 

Toda a info da Campaña de Abonados en www.embarcate.rccelta.es

Leave a Reply

19 + 6 =