primer-comprador-nueva-tienda-oficial-celta-vigo-balaidos.jpg
Celtismo

A nova tenda oficial causa sensación no celtismo

RC Celta


A tenda oficial do RC Celta en Balaídos reabriu este luns as súas portas nunha nova localización, nos baixos da bancada de Tribuna. Cun deseño totalmente renovado con melloras tanto estéticas como funcionais, o celtismo abrazou con entusiasmo as novidades do comercio oficial nunha multitudinaria inauguración celebrada nos prolegómenos do partido de Liga ante o Real Betis.

Un mozo celtista, acompañado polo seu pai, foi o primeiro cliente nesta nova etapa da tenda do RC Celta. Para celebralo, o club regalou a este afortunado afeccionado a camiseta do primeiro equipamento co dorsal número uno ás costas, un detalle que o propio presidente Carlos Mouriño encargouse de entregar ao pequeno.

A tenda oficial mantén o seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a sábado. Os afeccionados tamén poden realizar as súas compras a través de shop.rccelta.es, a web da tenda que recentemente tamén sufriu unha profunda renovación.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas