A presentación de Boyé, o luns ás 12:30 en Balaídos

Lucas Boyé, novo dianteiro do RC Celta, aterrou este xoves en Vigo procedente do Torino. O xogador arxentino, que vestirá a celeste cedido ata final de tempada con opción de compra, presentarase ante a afección e os medios o vindeiro luns 5 de febreiro ás 12:30 horas en Balaídos. Boyé levará o dorsal 9 na súa camiseta.